Saltar ao contido

Mar Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMar Sánchez
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, política Editar o valor en Wikidata

Mar Sánchez Sierra, nada na Coruña en 1969,[1] é unha xornalista e política galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Nos anos 90 entrou no gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade. Marchou ao Ministerio de Sanidade en 1996 con José Manuel Romay Beccaría.

En 2000 asumiu a dirección de comunicación de Correos cando Alberto Núñez Feijóo foi nomeado presidente. Despois foi directora de comunicación na Consellería de Política Territorial, na executiva do PPdeG e na Xunta de Galicia, primeiro como directora xeral e dende 2013 como secretaria xeral de Medios.[1] En 14 de marzo de 2013 foi nomeada vicepresidenta de Retegal.[3] Nas eleccións xerais de España de 2023 foi elixida para o Congreso dos Deputados.

  1. 1,0 1,1 "María del Mar Sánchez Sierra". transparencia.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 30-06-2019. Consultado o 19-5-2019. 
  2. Gonzalo Cortizo (17 de xullo de 2024). "El control de los medios de comunicación en Galicia: el legado que impide a Feijóo dar lecciones de regeneración". elDiario.es (en castelán). 
  3. "María del Mar Sánchez Sierra Vicepresidenta de Retegal, empresa acusada de falta de transparencia y adjudicaciones a "dedo"". xornalgalicia.com (en castelán). 12-2-2019. Arquivado dende o orixinal o 14-06-2019. Consultado o 19-5-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]